Wednesday 15 de May de 2024

Raquel Queizás recala na Pobra co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler


O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da biblioteca municipal Victoriano García Martí, organiza un espectáculo audiovisual dirixido ás crianzas. Neste senso, Raquel Queizás chega co espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler no xoves 10, ás 18.00 horas, no Elma.
As persoas asistentes poderán gozar de diferentes adaptacións ao cine dalgunhas das personaxes máis coñecidas da literatura infantil e xuvenil, establecendo un nexo de unión entre o mundo das letras e o audiovisual.
A actividade conta dunha duración de ao redor de 50 minutos e está especialmente dirixida a cativos e cativas a partir dos 5 anos.
Debido á situación sanitaria xerada pola COVID-19, a proxección realizarase no Elma e será obrigatorio o uso da máscara.